Pontón avanza que o BNG acudirá este xoves á reunión co conselleiro de Cultura "coa mellor disposición" e reclámalle a Rueda triplicar os fondos para promover o idioma en 2025, derrogar o decreto do plurilingüismo e volver ao consenso do Plan de Normalización. O presidente da Xunta defende "o bilingüismo cordial" e a "liberdade" para que os galegos "falen o que lles pete".| Galiciae