A súa avoa, Elena de Toutón, era unha desas pandeireteiras que homenaxeou este ano a Real Academia Galega por ter conservado a poesía popular. El hoxe traballa con Lady Gaga. O enxeñeiro de son Caco Refojo, gañador de cinco Grammy Latino, recibe este ano o Premio Amigos de Pontevedra.